O PP di que a renovación da herba sintética da Xunqueira tiña que estar rematada hai case un ano
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra amosou o seu malestar "ante o desleixo do goberno local cos clubs deportivos da cidade".
O concelleiro popular Tomás Abeigón alégrase de que "por fin" se inicien os traballos de reforma do campo de fútbol de herba sintética de A Xunqueira, "pero non podemos pasar por alto que esta obra tiña que estar xa rematada hai case un ano", sinalou este martes.
"Unha vez máis os veciños de Pontevedra, e en concreto os clubs deportivos da nosa cidade, sofren as consecuencias dun goberno paralizado, sen iniciativa e sen coordinación", engadiu.
Os populares lembran que foi en abril do pasado ano cando quedou aprobado en pleno a iniciativa presentada polo grupo popular para a construción dun novo terreo de xogo en A Xunqueira e o arranxo das importantes deficiencias que presentaba as actuais instalacións.
Abeigón engadiu que "levamos case dous anos de mandato e tan só o campo de fútbol de Cerponzóns se atopa en fase de contratación, a pesar de que dous campos xa tiñan que estar en funcionamento e neste 2017 sumaríanse dous máis. Non contamos nin co primeiro", denunciou o concelleiro popular.
Relacionadas:
-
O campo de fútbol da Xunqueira, a punto
Por Redacción |
-
Inspectores da FIFA acudirán ao campo da Xunqueira para certificar o novo céspede
Por Oskar Viéitez |
-
Sacan a licitación a construción do novo campo de futbol de Xeve
Por Redacción |
-
Este martes comeza a reforma do campo de herba sintética da Xunqueira
Por Oskar Viéitez |
-
O xogador do Barcelona Rafinha visita o campo da Xunqueira
Por Redacción |