Comezan os traballos para a recuperación do monte do Taco como espazo público
Por Redacción
Coa roza e a limpeza da parcela e do muro que rodea o perímetro. Así comezaron este venres os traballos para o acondicionamento do monte do Taco e a súa recuperación como espazo público para a cidadanía.
Durante a visita que realizaron á zona, os concelleiros Demetrio Gómez e Alberto Oubiña avanzaron que os técnicos avaliarán o estado do paredón para decidir se hai ou non que conservalo.
Nas próximas semanas construirase un acceso peonil e una escaleira para salvar o desnivel da parcela, na que tamén se habilitará unha senda interior.
Os traballos, adxudicados á empresa EC Casas, teñen un custe de 58.200 euros, IVE incluído. Terán una duración aproximada dun mes.
A recuperación do monte do Taco, unha parcela de 1.400 metros cadrados ao carón da foz do Gafos, forma parte dun plan xeral do Concello de Pontevedra para a recuperación e apertura de espazos verdes e espazos públicos para a cidadanía.