9.000 euros para revitalizar a festa das alfombras florais de Bueu
Por Redacción
O Concello de Bueu axudará con 9.000 euros a promoción das alfombras florais e do Corpus da vila. O alcalde Félix Juncal asinaba un convenio coa Asociación Cultural das Alfombras do Corpus de Bueu, Carmen Santos, co obxectivo de revitalizar esta festa.
Desde 2015, o colectivo asumiu a xestión dunha iniciativa veciñal que antes asumía o Concello. Inicialmente, a intención era recuperar esta festa e os tapices florais cun cambio de percorrido para convertela nunha tradición máis accesible. Nos seguintes anos, a actividade foise estendendo tanto en espazo como en tempo.
As III Xornadas das Alfombras Florais acolleron este ano unha exposición fotográfica que se pode visitar na Sala Domínguez Búa ata o 14 de maio. Tamén se realizou unha gala de homenaxe aos alfombristas veteranos e conferencias con análises sobre a influencia da pintura surrealista Maruja Mallo..
O Corpus de Bueu foi declarado Festa de Interese Local en 2002 e na actualidade, o proxecto de declaración de Festa de Interese Turístico Galego atópase na fase final na Axencia Galega de Turismo.
Relacionadas:
-
A Asociación das Alfombras de Bueu participa nun encontro internacional en Bruxelas
Por Redacción |
-
A Festa do Carme de Bueu rematará este ano cun espectáculo de fogos de artificio sen precedentes
Por Redacción |
-
As alfombras florais de Bueu, declaradas festa de interese turístico de Galicia
Por Redacción |
-
Bueu homenaxea aos alfombristas veteranos
Por Redacción |
-
As xornadas das alfombras florais de Bueu lembran a Maruja Mallo
Por Redacción |