O goberno provincial presenta o reparto de máis axudas do Plan Concellos
Por Oskar Viéitez
O goberno provincial da Deputación de Pontevedra aprobará destinar preto de tres millóns de euros para levar a cabo vinte proxectos e investimentos en trece concellos da provincia de Pontevedra, entre eles os de Bueu, Moraña, Poio, Sanxenxo e Vilanova de Arousa.
Con esta relación levarán xa aprobados investimentos para os concellos da provincia por valor de máis de 10,6 millóns de euros da liña 1 do Plan Concellos, é dicir, o 41,29% do total correspondente a esta liña destinada a investimentos, que este ano ascende a 25.750.000 euros.
- Sanxenxo se beneficiará dunha achega de 108.900 euros a través da cal se vai adquirir un tractor con desbrozadora, brazo lateral e cabina forestal.
- Vilanova de Arousa recibirá 74.422,55 euros destinados á ampliación do centro de formación con novas tecnoloxías no Pazo de Vista Real.
- Poio se beneficiará dunha achega de 412.519,23 euros a través da cal se porá en marcha a estabilización dun muro de contención da estrada e a continuación do paseo litoral de Campelo.
- Bueu, 237.846,77 euros a través dos cales o concello porá en marcha áreas de xogos infantís adaptadas e inclusivas así como áreas biosaudables e un área de skate park na vila.
- Moraña, 236.141,4 euros para a reposición de pavimento no lugar de Covelo e para a adquisición dun equipo recolector-compactador de residuos sólidos urbanos.
PAGO DE DÉBEDAS E ACTIVIDADES CULTURAIS
O goberno provincial aprobará tamén axudas por valor de 629.884,60 euros para que 16 concellos poidan levar a cabo amortizacións, pagamento de débedas e gasto corrente así como gastos derivados da realización de actividades culturais,deportivas ou sociais ao abeiro da liña 2.
En concreto, beneficiaranse destas achegas Cuntis, O Grove, Meis, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.
- O Grove para a carreira popular, a liga de Fútbol Sala Municipal, o simposio internacional de escultura ao aire libre, actividades de entroido e a regata das dornas.
- Meis beneficiarase de 71.300,17 euros para o pagamento de gasto corrente novo
- Sanxenxo, 53.491,95 euros para o verán no concello, as festas patronais de San Xenxo e Santa Rosalía, o Entroido, a XVIII Milla Vila de Sanxenxo, o II Triatlón Concello de Sanxenxo e o I Trail Con Da Ventureira.
- Vilagarcía de Arousa recibirá 83.721,98 euros para o combate naval, para o servizo de mantemento dos parques infantís e reparación de farolas nas rúas Castelao, Edelmiro Trillo, o contorno da Alameda e Praza Ravella.
- Vilanova de Arousa beneficiarase de 64.756,16 euros para o pagamento de acredores de gasto corrente.
- Ponte Caldelas recibirá 16.940 euros para a asistencia técnica para a contratación do servizo de xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.
- Cuntis beneficiarase de 15.968,23 euros para o mantemento de cunetas no rural.
Relacionadas:
-
Cuntis recibe axuda para facer arranxos na Casa da Cultura e tamén nas escolas de Sebil e Ermida
Por Redacción |
-
Cuntis insta á limpeza do monte privado
Por Oskar Viéitez |
-
Sete lombos e zona 30 para as inmediacións da escola da Gándara, en Cuntis
Por Redacción |
-
Sanxenxo recibe da Deputación 1,1 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade e Moraña recibirán novas achegas do Plan Concellos
Por Redacción |
-
Destinan case 40.000 euros para mellorar os cemiterios de Bueu e Cela
Por Redacción |
-
Poio adquirirá unha máquina para limpar as súas praias
Por Redacción |
-
A Deputación aproba achegas do Plan Concellos para Poio, Bueu e Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Sanxenxo adxudica obras de saneamento por valor de 88.730 euros
Por Redacción |
-
Aproban medio millón de euros do Plan Concellos para Marín e Portas
Por Redacción |