Oitenta carteis feitos por rapaces alertan dos perigos das condutas aditivas
Por Redacción
Ata o 30 de maio o vestíbulo de entrada do edificio do Concello, na rúa Michelena 30, acollerá a exposición dos carteis que alumnos de once centros educativos do municipio presentaron ao concurso que convoca anualmente a Concellería de Benestar Social, dentro das accións que se recollen no plan de prevención de condutas aditivas.
É a sétima edición deste concurso, que lle pide aos participantes o deseño cun cartel publicitario que alerte dos perigos das condutas ou comportamentos que poden provocar adicción, especialmente entre a mocidade.
O obxectivo do concurso, que complementa os obradoiros para escolares, é promover bos hábitos de saúde, que as persoas destinatarias das mensaxes preventivas sexan as ideólogas da campaña e que se potencie o traballo individual, en parella ou en grupo, coa intención de incentivar a imaxinación e estimular a capacidade creativa.
Os oitenta carteis foron presentados polo alumnado do IES Valle Inclán, IES Sánchez Cantón, IES Frei Martín Sarmiento, IES Gonzalo Torrente Ballester, IES Luís Seoane, IES Xunqueira I, IES Xunqueira II, CIFP Carlos Oroza, colexio Calasancio, colexio Sagrado Corazón de Placeres e o colexio Sagrado Corazón de Jesús.
Haberá dous premios e poderán concederse accésits se o xurado o considera oportuno. Tamén cóntase cun voto popular, a través das papeletas cubertas polas persoas que acudan a visitar a exposición e que elixan os dous carteis que máis lles gusten.
Relacionadas:
-
Os adolescentes "coquetean" co alcohol, tabaco e drogas aos 14 anos
Por Redacción |
-
Nenos do Sagrado Corazón de Placeres achéganse á parálise cerebral
Por Redacción |
-
O traballo para previr condutas aditivas ten premio
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O 7,3% dos adolescentes pontevedreses apostan en xogos online
Por Natalia Puga |
-
Comezan os obradoiros de prevención de condutas aditivas nos institutos
Por Redacción |
-
Expresión artística para previr condutas aditivas
Por Redacción |