A entrada á cidade pola avenida de Compostela muda a súa imaxe
Por Redacción
A posta a punto da entrada da cidade pola avenida de Compostela mudou a imaxe dun dos ámbitos urbanos máis transitados de Pontevedra. O Concello investiu 22.000 euros no arranxo e embelecemento da medianeira que vai da ponte de Santiago á rúa Xoán Manuel Pintos e da rotonda do pavillón municipal.
Os traballos foron coordinados polo departamento de Medio Ambiente Natural.
A intervención converteu estes dous espazos en dous recunchos verdes con plantas e arbustos ornamentais. Plantáronse, entre outras, árbores como camelia ou lagerstroemia índica e arbustos como berberis, aguapante, lavanda, leptospermum, azalea, lantana, santolina e e loureiro real.
Nun primeiro paso houbo que levantar o que había e meter o rego.
Os traballos de embelecemento son un paso máis na mellora deste tramo viario traspasado ao Concello, que tivo unha primeira intervención coa mellora da accesibilidade e implantación de medidas de calmado de tráfico.