Marea Pontevedra propón eliminar os eucaliptos que se atopen a menos de 50 metros das casas
Por Diego Espiño
Ampliar a 50 metros a zona de protección dos nucleos habitados e erradicar o eucalipto da contorna das casas é o obxectivo da moción que Marea Pontevedra presentou para o seu debate no Pleno Municipal.
Trátase de recoller a preocupación polo uso extensivo do eucalipto, unha especia "cualificada como combustible" na Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia.
O portavoz da agrupación, Luís Rei, xustificou a proposta sinalando que "non pode haber unha política que axude a fixar poboación no rural se non se garanten unhas mínimas condicións de seguridade" e que o Concello de Pontevedra conta cun total de 7.091 hectáreas de masa forestal, polo que se fai necesario actuar ante un verán "que se anuncia con risco de lumes" polo pouco que choveu nos últimos meses.
Segundo Marea, ampliar a 50 metros a franxa de protección coas casas supoñería un gasto aproximado de millón e medio de euros "que podería acometerse en tres anos", explicou Rei, quen lembrou o investimento municipal na creación de parques forestais para criticar que "fronte aos usos recreativos do monte a prioridade debe ser a seguridade".
A proposición de Marea insta á Xunta de Goberno Local a elaborar urxentemente un plan de prevención de incendios forestais, a poñer en marcha unha liña de axudas para tranformar a contorna das casas nas zonas do rural e a realizar unha inspección urxente do estado no que se atopan as zonas que contan con biomasa en todo o municipio, requirindo ás administracións responsables o cumprimento dos establecido na Lei de Montes, en referencia á normativa elaborada pola Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
O PSOE leva a pleno a "necesidade de pararlle os pés ao eucalipto"
Por Redacción |
-
A Ferrería converterase nun gran bosque de eucaliptos
Por Oskar Viéitez |
-
Anova Terra culpa a Xunta de deixar que Ence marque a política forestal espallando o eucalipto
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Bueu aproba unha moción para reducir o eucalipto nos montes
Por Redacción |
-
Estudantes de Praceres limpan de eucaliptos o monte de Lourizán
Por Redacción |
-
60 colectivos esixen "eucalipto cero, como en Europa"
Por Oskar Viéitez |