A Ruta do viño emite os seus propios pasaportes
Por Redacción
Tralo éxito alcanzado na campaña anterior, a Ruta do Viño Rías Baixas retoma a promoción especial para Semana Santa a través do seu Pasaporte. Este ano os turistas que presenten este pasaporte nos establecementos participantes poderán beneficiarse de máis de 50 promocións e actividades.
O Pasaporte estará vixente desde o sábado 23 marzo ata o domingo 7 abril, e poderá atoparse nos establecementos participantes e nas oficinas de turismo da zona. Ademais tamén poderá descargarse a través das redes sociais ou a páxina web da Ruta do Viño
Entre as promocións atópanse descontos de ata o 50% en visitas e actividades, visitas gratuitas a bodegas e monumentos, prezos especiais en compras, obsequios, paquetes de diferentes actividades, promocións en aloxamentos, ou ata propostas tan suxerentes como degustar os novos viños espumosos da D.O. Rías Baixas, ou participar nunha cata de viños en rama (viños que aínda se atopan en proceso de elaboración) para poder percibir as diferenzas que aportan as distintas leiras nas que se orixinaron.