As vivendas dos realoxos de Caritel xa poden acoller a familias en risco de exclusión
Por Redacción
O Alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, asinou este martes co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o convenio para destinar a familias do municipio en situación de urxencia social as dúas vivendas situadas en Caritel e que no seu día foron adquiridas polo Concello de Poio para realizar os realoxos das familias do Vao ás que se lle derribaron as súas chabolas.
Estes realoxos foron anulados por sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo Nº 2 de Pontevedra de 31 de marzo de 2009 e ratificada por sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en 22 de xullo de 2010.
Logo de múltiples negociacións, o Concello de Poio acordou entregar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) estas vivendas para non ter que devolver a subvención que recibira no seu día da Consellería de Vivenda do bipartito para a adquisición das mesmas. O IGVS e o Concello de Poio xa asinaron ese convenio de cesión das vivendas.
A cesión realízase por 30 anos e sempre condicionado a ese uso
A cesión realízase por 30 anos e sempre condicionado a ese uso. A cambio o Concello asume como titular todos os gastos e impostos correspondentes a estas vivendas, sen prexuízo da renda de aluguer social que no seu caso se establecerá ás futuras familias usuarias. As dúas vivendas están situadas na planta baixa e planta alta dunha única edificación situada en Caritel, con leira e edificación anexa.
Perfecto Rodríguez considera que con este convenio ponse fin a un longo conflito que conllevó gran repercusión social en toda a comarca, ademais conséguese así que estas vivendas poidan ter un uso social pero para familias do municipio.
En varias reunións mantidas nos últimos dous anos entre os Alcaldes e o Director Xeral do IGVS, esta foi a mellor solución plantexada.
Relacionadas:
-
Poio fixa para o 3 de febreiro o derrubamento de tres chabolas no Vao 'supervivintes' de 2007
Por Oskar Viéitez |
-
'La Coneja' acepta tres anos de prisión tras recoñecer que traficaba con droga no Vao
Por Natalia Puga |
-
As casas dos realoxos xitanos de Caritel pasarán a familias desfavorecidas
Por Redacción |