A Pé de Rúa chega ás galerías da Oliva con descontos, obradoiros, roteiro e degustacións
Por Redacción
A Pé de Rúa continúa o seu camiño de promoción do comercio local pontevedrés. Nesta ocasión tócalle a quenda ás galerías da Oliva. Será o sábado 20 de maio. Máis do 90% dos establecementos comerciais participarán no evento promocional.
En A Pé de Rúa-galerías da Oliva poderanse atopar importantes descontos que van dende o 10% até o 50% e diferentes promocións.
A programación do A Pé De Rúa Galerías é a seguinte:
- 11:00 - Charla sobre alimentación saudábel a cargo da nutricionista Pilar Hermida na froitaría Isabel.
- 12:30 - Charla-café sobre Comercio Xusto SIG (degustación de café e posterior coloquio)
- 13:00 - Roteiro Cunca e nécora especial Galerías da Oliva.
- 17:00 - Obradoiro de repostería e contacontos en Detalles Café da man de Sandra Prado. Dúas quendas (17.00 e 18.00). Dirixido a nenos a partir dos 4 anos.
- 18:00 - Taller de debuxo con Santiago Paredes Cruz. Dirixido a nenos de 6 a 12 anos.
- 19:00 - Cata de cervexa Meiga en Mama Manduca.
- 20.00 - Clase aberta de Lindy Hop, impartida por Carlos Tomico Pérez e Lucía Cameselle.
As actividades son de balde mais é importante reservar no correo electrónico turinapontevedra@gmail.com xa que as prazas son limitadas.
Pasada a cita das galería Oliva A Pé de Rúa ten programados xa novos destinos
- 27 de maio, na praza de España coa actividade Rizando o Rizo en colaboración coa asociación de perruquerías Mais que cabelos
- 3 de xuño cos comercios da rúa Cruz Gallastegui.
Relacionadas:
-
RADIO.- Viño, tapa e historias de Pontevedra para pasar a velada
Por Marisa Ciordia |
-
Os salóns de peiteado de Pontevedra "rizan o rizo" e sacan os seus negocios "a pé de rúa"
Por Alejandro Espiño |
-
O 90% dos comercios das galerías Oliva promoven os seus negocios con 'A Pé de Rúa'
Por Redacción |
-
O Capital Shopping saca 31 comercios á rúa con descontos e actividades para todos os públicos
Por Redacción |
-
O Capital Shopping ponse a pé de rúa con accións imaxinativas para promover o comercio local
Por Redacción |