Prosagal protesta nas rúas contra o peche de camas hospitalarias durante o verán
Por Mónica Patxot & Redacción
Centos de persoas cun grupo de gaiteiros á cabeza participaban este xoves 18 na manifestación de protesta organizada pola Agrupación Sindical de Profesionais da Saúde de Galicia (Prosagal) para mostrar a súa oposición ao peche de camas durante os meses de verán.
Sinalan que o peche de 82 camas nos hospitais Provincial e en Montecelo, ademais de 22 no Salnés rematará por xerar colapso no servizo de urxencias, sobrecarga de traballo nas plantas que continúen abertas no verán con mestura de pacientes con diferentes patoloxías.
Sinalan tamén que os pacientes se converterán en persoal itinerante, que irá cambiando de habitacións, cun incremento de listas de espera e marcha de profesionais fóra de Galicia debido á escasa contratación durante o verán por parte do Sergas.
Esta situación resulta preocupante para Prosagal que desenvolvía esta primeira marcha do peche de camas entre a praza de España e o Hospital Provincial onde unha paciente da área sanitaria e un profesional sanitario leron un comunicado para reclamar investimento na sanidade pública e que non se deriven aos pacientes aos centros sanitarios privados.
RESPOSTA DA XERENCIA DOS HOSPITAIS
Pola súa banda, a xerencia dos hospitais pontevedreses emitía un comunicado indicando que manterá operativos o 91,2% dos recursos asistenciais durante este verán e que permanecerán activas o 86,2% das camas de hospitalización durante os meses de xullo e de agosto, cunha operatividade que supera nun 12% o nivel de ocupación de camas rexistrado no verán de 2016.
Ademais, os responsables sanitarios indican que o 100% das camas atoparanse dispoñibles en todo momento no caso de que se produza unha situación excepcional. E engaden que durante estes meses redúcese a demanda asistencial cun 10% menos de ingresos que ao longo do resto do ano. Afirman tamén que en 2016 a ocupación de camas foi un 1,2% menor no verán.
Relacionadas:
-
Prosagal convoca concentracións nos hospitais de Pontevedra para reclamar a reapertura de camas
Por Redacción |
-
Prosagal denuncia saturación en Urxencias e Reanimación debido á falta de camas
Por Redacción |
-
Montecelo despide os últimos residentes e dá a benvida os novos
Por Redacción |
-
Práctica cirúrxica en Montecelo con monitorización hemodinámica avanzada
Por Redacción |
-
Críticas ao Sergas por pechar en verán unhas oitenta camas en Montecelo e o Provincial
Por Alejandro Espiño |
-
Os sindicatos que asumen o control da Xunta de Persoal do CHOP queren superar o "presidencialismo" de Iñarrea
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Alertan dun novo peche de camas hospitalarias este verán que incrementará as listaxes de espera
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |