Pendentes dun informe técnico para pechar os deslindes co Concello de Poio
Por Redacción
Pontevedra aceptará o deslinde máis favorable a Poio, pero con matices. Así o determinou este martes a Comisión de deslinde á que asistiron representantes dos tres grupos políticos e técnicos municipais. Nela quedou case definida a postura que o Concello defenderá na reunión deste xoves 21 de marzo entre as dúas comisións municipais e os propietarios afectados por este deslinde nos dous concellos, arredor de 200 en total.
Segundo as primeiras conclusións, nos lindes da parte alta (dende O Vao cara arriba), existe un traballo de campo por GPS que se terá que redefinir, pero a liña coincidiría cos deslindes de 1889. Pero máis dificultade existe na parte baixa do deslinde, na zona da Xunqueira de Alba. Nela estarían en disputa, entre outros, o parque de Bombeiros, o cuartel da Garda Civil, parte da Xunqueira de Alba ou a Ponte das Correntes.
Poio defende que o deslinde de 1889 incluiría toda esa zona nos límites do seu concello, pero Pontevedra entende que dada a modificación dos cauces tanto do río Alba (agora Rons) como do Lérez nos últimos 70 anos, incluso coa canalización deles, existen máis dificultades á hora de definir este linde.
En todo caso, a postura do Concello de Pontevedra está pendente de que o técnico municipal elabore o informe e o plano acordado á vista da documentación. Está previsto que se resolva ao longo da xornada de mañá na que os membros da comisión municipal de Pontevedra manterán contactos telefónicos, para defendelos na comisión do xoves.
Relacionadas:
-
TSXG dá a razón aos comuneiros de San Salvador de Poio e anula un deslinde de 2009
Por Redacción |
-
Poio propón que a Ponte das Correntes se tome como linde con Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Pontevedra recoñece contradicións co PP de Poio no debate sobre os límites
Por Redacción |
-
Pontevedra e Poio non se poñen de acordo no deslinde e será a Xunta quen decida
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra asegura que non hai "conflito nin enfrontamento" con Poio polo deslinde entre ambos concellos
Por Alejandro Espiño |
-
O PP propón deixar en mans de expertos o deslinde entre Pontevedra e Poio
Por Redacción |