Os traballadores da Xustiza en Pontevedra saen á rúa contra a privatización do Rexistro Civil
Por Natalia Puga
Os traballadores do ámbito da Xustiza en Pontevedra sairán á rúa este xoves 21 de marzo e volverano facer nas próximas semanas para mostrar o seu rexeitamento total ao anteproxecto de lei da reforma integral do Rexistro Civil que se transformará en lei e que o Ministerio de Xustiza ten pevisto publicar en xuño.
A primeira protesta será ás 11.30 horas do xoves diante do edificio xudicial da Parda e incluirá o inicio dunha campaña de recollida de firmas contra unha reforma legal que supón "supone una reforma radical para la tramitación de los actos y hechos que guardan relación con la identidad de las personas".
Representantes dos sindicatos CC.OO, STAJ, USO e CSIF compareceron nunha sala da Audiencia Provincial de Pontevedra para expoñer os motivos que lles levan a opoñerse á privatización do Rexistro Civil, que en toda España afectará, a nivel laboral, a 3.500 funcionrios, entre 200 e 260 en Galicia e entre 60 e 70 na provincia de Pontevedra.
Mercedes Vázquez, do sindicato CC.OO. en Pontevedra, indicou que a súa entrada en vigor supoñerá a privatización do Rexistro Civil e a posta a disposición a rexistradores da Propiedade e recordou que esta é a profesión do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que está en excedencia, e dos director e subdirector da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza.
Esta representate dos traballadores cre que esta nova medida é un paso máis na política do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, que "día a día desmantela la administración de Justicia, un servicio pilar del Estado de Bienestar, de Libertad y de Derecho" e que, unha vez máis "la van a aprobar de manera unilateral", sen consensuala co sector.
Os represatantes dos traballadores da Xustiza en Pontevedra insisten en que esta privatización afectará de xeito directo ao cidadán, de aí que fagan un chamamento a todos os pontevedreses a que apoien a súa protesta e a súa campaña de recollida de firmas.
Recordan que suporá "convertir un derecho de los ciudadanos de acceso a un servicio público universal y gratuito en uno con coste" cunha medida que só beneficiará aos rexistradores da propiedade e que, polo contrario, prexudica ao resto da cidadanía, xa que deberá empezar a pagar para pedir trámites como unha fé de vida, unha copia do certificado de nacemento ou defunción ou unha acta de matrimonio ou libro de familia.
Relacionadas:
-
Todos os traballadores da Parda mobilizaranse unidos contra a privatización do rexistro civil
Por Natalia Puga |
-
Un centenar de funcionarios protestan en Pontevedra contra a 'privatización' da Xustiza
Por Oskar Viéitez |
-
Protesta dentro dos xulgados "para que se mantenga un servicio público que es de todos"
Por Natalia Puga |