Todos queren ser narcos en 'Fariña'
Por Mónica Patxot
Decenas de persoas están a achegarse ao longo deste venres 19 polas instalacións da Casa da Luz, na praza da Verdura de Pontevedra, para participar no casting que Bambú Producciones está a levar a cabo para seleccionar figurantes para a serie televisiva sobre o narcotráfico galego, 'Fariña', que se rodará este verán nas Rías Baixas.
As probas comezaban ás 9.30 en sesión matinal e continúan pola tarde ata as 19.30 horas. A produtora busca todo tipo de perfís, sempre que se trate de persoas maiores de 16 anos, para participar nos capítulos dunha serie que será emitida por Antena 3 e que contará nos seus principais papeis cos actores galegos Javier Rey e Marta Larralde, ademais de Tristán Ulloa.
A proposta para a pequena pantalla buscará realismo, baseándose no libro 'Fariña' de Nacho Carretero, e nela aparecerán capos galegos tan coñecidos como Sito Miñanco, Marcial Dorado ou Laureano Oubiña.
A rodaxe terá como centro de operacións o concello de Noia, pero gravarase en diversos escenarios como Vilanova de Arousa, Vilagarcía, O Grove, Cambados e Pontevedra, a partir do mes de xuño.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Daniel Gómez, recepcionista de noite, músico e intérprete de día
Por Marisa Ciordia & Cristina Saiz |
-
"Fariña" salta ao teatro e estará en cartel en Pontevedra durante dous días
Por Alejandro Espiño |
-
A serie 'Fariña' converte a Audiencia Provincial e o Valle-Inclán en set de rodaxe
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Os narcos do Salnés xa teñen cara para a rodaxe de 'Fariña'
Por Natalia Puga |
-
Dani de la Torre rodará en Pontevedra "1921. La ley del plomo", a súa nova película tras "El desconocido"
Por Alejandro Espiño |
-
"Vivir sin permiso", a serie de José Coronado e Álex González, busca figurantes. Queres ser un deles?
Por Alejandro Espiño |
-
Os narcos de "Fariña" xa están en Galicia e buscan extras en Pontevedra para saír na serie
Por Alejandro Espiño |
-
Os narcos do Salnés saltan a televisión con "Fariña", a nova serie de Antena 3
Por Alejandro Espiño |