Un ferido grave nun atropelo na Illa de Arousa
Por Redacción
Un home de mediana idade sufriu feridas de gravidade ao ser atropelado durante a mañá deste martes 19 de marzo cando intentaba cruzar por un paso de peóns situado no Paseo do Cantiño na Illa de Arousa. O condutor do vehículo que o atropelou alegou falta de visibilidade debido a que o peón saíu de detrás doutro vehículo que se encontraba aparcado.
Segundo información facilitada polo servizo de emerxencias do 112, ata a zona se achegou unha ambulancia e unha dotación da Policía local da Illa de Arousa. A vítima foi trasladada ao Hospital do Salnés en estado grave con diversas contusións.