CC.OO. Galicia insta a Elnosa e ás administracións a adoptar as medidas necesarias para garantir a continuidade en Lourizán
Por Redacción
O congreso de Comisións Obreiras en Galicia celebrado esta semana aprobou unha resolución en defensa dos postos de traballo de Elnosa que recibiu o apoio practicamente unánime dos delegados presentes e constata o apoio do conxunto do sindicato na comunidad ás "xustas reivindicacións" dos traballadores da cloreira e a súa "exemplar e prolongada loita".
A resolución dada a coñecer polo secretario de organización de CC.OO. en Pontevedra, José Luis García Pedrosa, insta á dirección da empresa e ás administracións implicadas a "adoptar tódalas medidas que sexan necesarias" para garantir a continuidade da actividade productiva e o mantemento de tódolos postos de traballo.
O congreso de CC.OO. insistiu en que o sindicato reivindica o papel do sector industrial como motor do cambio de modelo productivo e a situación actual de Elnosa é "precisamente un exemplo concreto e singular deste obxectivo" que se marcan.
Ao respecto, explican que como consecuencia dunha directiva da Unión Europea as empresas productoras de cloro en Europa teñen que cambiar a súa tecnoloxía ao remate do 2017 para deixar de utilizar o mercurio no seu proceso productivo, e substituílo por celdas de membrana, o que resulta un importante avance e mellora medio ambiental.
Segundo aseguran, este cambio no sistema productivo entronca coas reivindicacions históricas do seu sindicato de facer compatible o desenvolvemento industrial cun medio ambiente mais sostible e saudable para os propios traballadore e para a cidadanía.
O sindicato lembra que coa súa loita "decidida e constante" e o "apoio permanente" de Comisións Obreiras os traballadores de Elnosa conseguiron mudar un acordo de peche da empresa, pactado entre a dirección da empresa e a Xunta de Galicia, e o posterior compromiso da empresa de realizar unha inversión de 50 millóns de euros para levar á práctica o cambio tecnolóxico, o que permitirá non só manter o actual emprego, senón incrementalo.
Relacionadas:
-
A Unión Europea prohibe a Elnosa seguir utilizando mercurio a partir de decembro
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O comité de empresa de Elnosa pide a Ana Ortiz que presione para acelerar a concesión de Costas
Por Anxo Lourido |
-
As familias do persoal de Elnosa van concentrarse ante o Concello o sábado 17 de xuño
Por Anxo Lourido |
-
Elnosa, a primeira "peza do puzle" que a marcha contra ENCE busca sacar do complexo de Lourizán
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
A APDR anuncia accións legais "contra calquera posible prórroga a Elnosa"
Por Oskar Viéitez |
-
O Bloque acusa á Xunta de manter reunións "segredas" con Elnosa para "cociñar a súa permanencia"
Por Oskar Viéitez |
-
Elnosa presentará a solicitude da autorización ambiental a primeiros de 2017 e mantén a súa loita co Concello
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta prorroga un ano a autorización ambiental de Elnosa "pasando" do Concello
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Traballadores de Elnosa toman o balcón do antigo Concello para reclamar a continuidade
Por Redacción |
-
O comité de empresa de Elnosa pide á Xunta a supramunicipalidade para salvar a factoría
Por Anxo Lourido |