O submarino "Tramontana" fai escala en Marín
Por Redacción
O submarino "Tramontana" ten previsto realizar unha escala no porto de Marín, os días 21 e 22 de maio.
Durante a súa estancia abrirá as súas portas ao público o luns día 22 de 16,00 a 19,00 horas.
O "Tramontana" é o cuarto submarino da clase "Galerna". Construído en Cartaxena nos estaleiros da antiga Empresa Nacional Bazán, actual Navantia, foi entregado á Armada en 1985.
O buque ten 67,57 metros de eslora, 6,8 metros de manga e 5,4 de puntal. Despraza en superficie 1.490 toneladas e en inmersión 1.740. Alcanza unha velocidade de 12 nós en superficie e 20,5 nós en inmersión. A súa autonomía é de 45 días.