Unha muller encerrada nun balcón mobiliza os servizos de emerxencia de Vilagarcía
Por Redacción
Ás 19.42 horas deste martes o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia lanzaba unha alerta en Vilagarcía de Arousa: "accidente con persoas en situacións difíciles". Mobilizáronse todos os servizos de emerxencias da localidade e ao chegar ao lugar encontráronse coa urxencia consistía nunha muller que se encontraba encerrada no balcón da súa vivenda.
O 112 lanzou a alerta tras recibir a chamada dun particular e ao lugar desprazáronse a Policía Local e Protección Civil de Vilagarcía. Os feitos aconteceron no número 8 da rúa Porto Rey, na zona de Fontecarmoa.
Segundo transcendeu, o amplo despregamento produciuse porque a muller xa levaba "longo tempo" encerrada no balcón, pero non se encontraba ferida nin requiriu asistencia sanitaria.