Ferido un menor atropelado fronte ao colexio de Xeve
Por Redacción
Un menor resultou ferido este mércores ao ser atropelado na cidade de Pontevedra.
O atropelo ocorreu sobre as 8.30 horas no lugar de Sobral, na parroquia de Xeve, á altura do número 26, en Pontevedra, fronte ao colexio de Santo André, segundo os datos facilitados polo 112.
Unha ambulancia do 061 trasladou ao menor ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo para tratalo.