Unha horta no balcón
Por Oskar Viéitez
Será unha moda ou a propia crise, o certo é que a tendencia de facer no patio, a terraza ou o balcón un espazo para cultivar verduras e plantas para consumo persoal crece nos últimos tempos. O Centro de Información á Muller do Concello de Poio, iniciará o obradoiro "Horto e xardín en terrazas e balcóns", o próximo día 4 e ata o 25 de abril.
O número de alumnos máximo e de 20. Este curso vai dirixido a mulleres de Poio, principalmente, aínda que tamén pódense inscribir de fora ou asistir homes, se ou grupo non se cubrise con xente de Poio.
O obxectivo deste curso é coñecer as variedades de prantas hortícolas que se poden cultivar nun pequeno espazo como unha terraza ou un xardín pequeno. Engadiráse, ademáis, nocións de prantas ornamentais e mantemento do céspede.
Para cultivar nosas propias hortalizas non é necesario ter moito espazo e tampouco é necesario saír de casa. Unha terraza, un balcón, o alféizar dunha fiestra poden ser o lugar perfecto para ter un pequeno horto.
Os alumnos do taller están aprenderán, entre outras cousas; onde se pode plantar: latas, tetrabriks, macetas, palés de madeira, pvc; cales son os sistemas de rego que se poden usar nunha terraza; como se poden aproveitar os residuos orgánicos para fabricar o compost; cal é o mellor momento de plantar; agricultura ecolóxica; como afrontar pragas, enfermidades e fitosanitarios
Respecto de os produtos que se poden cultivar nunha terraza son moitos e moi variados: fabas, tomates, cebolas, allos, leitugas, ravos, espinacas ou guisantes, todo depende do gusto, do coidado e do espazo.
Esta actividade será impartida pola asociación Atrapaventos. Para máis información ou inscrición, poderán chamar ao teléfono 986.87.42.38