O Grove xa é municipio libre de eucaliptos
Por Redacción
O Grove sumouse aos concellos que se declararon municipio libre de eucaliptos. O pleno do Concello adoptou este acordo cos votos a favor de todos os grupos salvo o Partido Popular, que optou por absterse.
A moción incluía a adopción dunha serie de medidas a medio e longo prazo que deberán ser cumpridas polo goberno municipal.
Entre as medidas aprobadas atópanse propostas que ratifican e impulsan a eliminación do eucalipto nas zonas protexidas da Rede Natura de Galicia ou dos que se encontran ventureiros polo municipio.
Tamén se contemplan medidas que buscan involucrar á industria madeireira, como a creación dunha fiscalidade verde para o eucalipto xa que queda confirmada a incidencia desta especie na maior frecuencia e intensidade dos lumes ou na contaminación da terra.
Estes árbores son ademais, recordan desde o goberno municipal, unha das causas do empobrecemento da biodiversidade e do avance da erosión, provocando perdas económicas directas.
A moción tamén contempla a solicitude á Xunta dunha moratoria dos novos plantíos de eucaliptos e de que se redacte un novo plan forestal que ordene os aproveitamentos do monte con criterios de sustentabilidade.
Tamén se lle solicita ao ente autonómico que leve a cabo o cumprimento estrito da lexislación para a forestación de terras agrarias e os plantíos sobre hábitats de interese aplicando as correspondentes sancións aos infractores.
Relacionadas:
-
O PSOE leva a pleno a "necesidade de pararlle os pés ao eucalipto"
Por Redacción |
-
Os eucaliptos 'toman' A Ferrería para denunciar a "catastrófica" situación do monte galego
Por Alejandro Espiño |
-
A Ferrería converterase nun gran bosque de eucaliptos
Por Oskar Viéitez |
-
Anova Terra culpa a Xunta de deixar que Ence marque a política forestal espallando o eucalipto
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Bueu aproba unha moción para reducir o eucalipto nos montes
Por Redacción |
-
Os eucaliptos do castelo de Soutomaior teñen as horas contadas, comezou a talla
Por Redacción |