Un sábado 'a pé de rúa' cos comerciantes de Cruz Gallástegui
Por Alejandro Espiño
Con descontos ata superiores ao 50% chegou a campaña A Pé de Rúa a Cruz Gallástegui. As tendas do barrio tomaron o espazo público para participar nesta iniciativa que pretende poñer en valor o comercio de proximidade.
Todos os comerciantes da rúa colaboraron con esta actividade, que se desenvolve baixo o paraugas da marca Capital Shopping.
Nestes establecementos os clientes puideron atopar importantes descontos nos seus produtos e a xornada estivo animada con diferentes promocións e actividades na rúa.
Así, un obradoiro infantil ou un concerto da banda Iñaki & Garfunkel fixo as delicias de nenos e maiores. Ademais, todos os comercios sacaron stands á rúa para expoñer os seus produtos e achegarse á xente que acudiu a esta cita festiva.
A Pé de Rúa para coa chegada do verán e volverá en setembro con máis actividades e festa nas distintas zonas comerciais da cidade.