O Concello inviste 17.000 euros na mellora da canceira municipal
Por Redacción
Un total de 17.282 euros. É a contía do investimento que o Concello de Pontevedra realizará nas próximas semanas nas obras de mellora da canceira municipal, unha instalación situada na parroquia de Campañó.
Segundo explicou o goberno municipal, esta actuación inclúe a limpeza e roza do terreo, o tallado da árbore existente, unha nova pavimentación de formigón ou a instalación dun novo canal de desaugue para aliviar as augas pluviais.
Ademais, tamén está previsto mellorar o alumeado, engade o departamento de Saúde Animal que dirixe a concelleira Pilar Comesaña.
A canceira municipal está xestionada pola Asociación Os Palleiros e alí recóllense mascotas e animais abandonados mais tamén pódese adoptar un can.
O seu horario é de 9.30 a 13.00 horas polas mañás e os luns, mércores e venres de 17.00 a 20.00 horas.
O pasado ano a canceira de Campañó recibiu 251 cans e xestionou e fixo o seguimento de 225 adopcións.
Relacionadas:
-
Retiran catro cans dunha propiedade en Lourizán en situación de abandono e cheos de pulgas
Por Anxo Lourido |
-
Abandonan con graves feridas un can ao que obrigaban a participar en pelexas
Por Alejandro Espiño |
-
Do rescate ao coidado e a adopción: así es o labor solidario dos Palleiros
Por Redacción |
-
Os 'avós' da protectora buscan fogar
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |