240.000 euros para os centros de compostaxe comunitaria de Monte Porreiro e Campolongo
Por Redacción
Ao longo deste verán van poñerse en marcha 32 centros de compostaxe comunitaria para as urbanizacións de Monte Porreiro e de Campolongo, segundo informou o portavoz do goberno local, Raimundo González. Este luns aprobábase na Xunta de Goberno o expediente de contratación de obras para estas dúas iniciativas por un importe de máis de 240.000 euros. O concelleiro calcula que no mes de xullo estean en funcionamento.
Estes centros contarán con 300 módulos para cubrir un ámbito de 8.000 habitantes e trataranse 1.300 toneladas de biorresiduos ao ano. Para xestionar estes traballos, o goberno de Fernández Lores ten previsto contratar a catro "mestres composteiros".
Raimundo González mostrábase satisfeito con este anuncio da posta en marcha deste método "pioneiro" de tratamento de residuos no Día Mundial de Medio Ambiente.
CONTRATACIÓN DE OBRAS
Este expediente de contratación forma parte dos 992.000 euros que se estableceron durante este luns para diversas iniciativas como a adxudicación a E.C. Casas da recuperación e mellora do barrio mariñeiro do Cabo, en Lourizán, por un valor superior a 200.000 euros. O prazo de execución é de catro meses e as obras centraranse na mellora de acceso a esta zona desde a praza de Os Praceres, ademais de reordenar o aparcadoiro situado preto do colexio e mellorar a iluminación.
A Xunta de Goberno local aprobaba o inicio da contratación da rehabilitación da vía Mato entre os lugares da Carballeira e O Regueiriño, cun orzamento de 211.000 euros, ademais da rehabilitación, coa instalación de lombos, da rúa do Costado, que une Santa Margarida co barrio de Valdecorvos por 241.000 euros. Ambas as obras teñen un prazo de execución de 4 meses.
Por último, aprobouse tamén a adquisición de dous vehículos, un camión para o servizo de Parques e Xardíns por 57.475 euros e outro para obras por máis de 35.000 euros.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Veciños de Monte Porreiro protestan contra a instalación de composteiros preto dun parque infantil
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Pontevedra entrega catro 'big bags' de estruturante a Ponte Caldelas para atallar os efectos dos incendios
Por Natalia Puga |
-
O concello distribuirá 8.000 composteiros entre as vivendas unifamiliares con horta
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE pide información ao Concello sobre o plan de compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
Sae á rúa a segunda fornada de mestres composteiros
Por Oskar Viéitez |
-
A reforma integral do barrio do Cabo custará máis de 200.000 euros
Por Alejandro Espiño |
-
Os composteiros de Monte Porreiro e Campolongo atenderán a máis de 8.000 veciños
Por Redacción |