Ferido tras colidir co seu vehículo contra un coche aparcado en Meaño
Por Redacción
Unha persoas resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste xoves no municipio pontevedrés de Meaño.
O sinistro ocorreu sobre as 12.43 horas na estrada provincial, EP-9303 que une Meaño e Dena, no lugar de Marouzos, segundo os datos facilitados polo 112.
Un vehículo que transitaba por este vial colidiu contra un coche que estaba aparcado. Como consecuencia do forte impacto o automóbil quedou cruzado en metade da vía.
Ata o lugar do suceso desprazouse a Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Aínda que nun primeiro momento non se solicitou a asistencia médica, con posterioridade o condutor accidentado empezou a atoparse mal e demandou a presenza dunha ambulancia asistencial do 061 que lle trasladou ata un centro hospitalario.