Marín acollerá talleres e unha festa solidaria dos Bombeiros do Morrazo en apoio aos enfermos de Alzheimer
Por Oskar Viéitez
A Asociación deportiva cultural Bombeiros do Morrazo (ABM), coa colaboración do Concello de Marín, organizan a súa primeira festa solidaria a favor da Asociación enfermos de Alzheimer do Morrazo (AFAMO).
Será o vindeiro sábado 10 de xuño a partir das 18:00 horas na alameda de Marín.
Os máis pequenos poderán gozar dunha festa de castelos inchables en compañía dun grupo de bombeiros do Consorcio Provincial de Pontevedra que mostrarán algúns traxes, cascos e ferramentas características da súa profesión, para ensinar a todo o que queira o seu uso e funcionamento.
Os organizadores animaron a toda a cidadanía a "pasar unha agradable tarde de lecer por unha boa causa".
TALLERES DE PREVENCIÓN
Ademáis a Asociación de Familiares de Enfermidades de Alzheimer e outras Demencias de Pontevedra (AFAPO), co patrocinio de ENCE e coa colaboración do Concello de Marín, van a desenvolver os talleres "Prevención e promoción da saúde".
Ditos talleres levaranse a cabo durante seis meses do presente ano, de luns a mércores e en horario de 10:30 a 12:30 horas, sendo a Granxa de Briz, o lugar escollido para ditas actividades.
Os destinatarios destos talleres son persoas maiores de 65 anos, sen diagnóstico de enfermidade neurodexenerativa, xa que o proxecto baséase na prevención e fomentar un envellecemento activo. Formarase un grupo único de participantes que estará integrado por un máximo de 15 persoas.
As persoas interesadas deberán apuntarse no concello en Servizos Sociais na Finca de Briz de 8.00 a 15.00 horas ata o próximo 20 de xuño. As actividades levaranse a cabo no segundo semestre do ano 2017 nun horario de 10.30 a 12.30 horas.