O PP afirma que Mosquera está metido "nunha espiral de mentiras descaradas"
Por Redacción
O concelleiro de Ordenación do Territorio, César Mosquera, anunciou esta semana unha nova razón para gardar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) nun caixón "non queremos que a cidade se encha de coches", algo que segundo dixo sí se produciría aplicando el criterio de crear una plaza de estacionamiento en dominio público por cada dos viviendas.
A réplica da oposición veu da man do concelleiro do Partido Popular, Ricardo Aguilar, que asegurou que Cesar Mosquera "se equivoca, no mellor dos casos, pois a súa traxectoria invita a pensar tamén noutra mentira con pleno coñecemento de causa", sostén.
O edil do PP lembra que hai nove anos que leva contratada a redacción do que debería ser o futuro Plan Xeral "e a sucesión de desculpas vai incrementándose segundo se amosa a debilidade dos seus fundamentos".
O representante do Partido Popular sostén que o texto legal é máis que razoable, pois permite que para cada cen novas vivendas nunha nova urbanización podan aparcar na rúa 25 coches, pero sen establecer directrices para o parque edificado xa existente.
O concelleiro de Ordenación do Territorio "esquécese de que, ao estar rexidos polo Plan de 1989, a cidade é deficitaria, entre outras necesidades, en solo para equipamentos comunitarios e empresarial, ou en espazos libres destinados a parques, xardíns e áreas de lecer para a poboación", indicou Aguilar.
O PP cre que "a incapacidade de Mosquera para sacar adiante o PXOM meteuno nunha espiral de desculpas infundadas e mentiras descaradas"