A loita contra a empacadora volve a Vilaboa en forma de documental
Por Redacción
Este domingo 18 de xuño ás 11.00 horas comezará a rodaxe da documental 'Empacadora. 20 anos despois da loita', no que se recolle o enfrontamento veciñal contra a decisión de instalar unha planta empacadora no municipio.
O documental recollerá unha análise sobre os sucesos que se viviron durante o ano 1997 en Vilaboa cando a veciñanza enfrontouse á decisión política de instalar aquela infraestrutura para o tratamento de lixos.
O documental, producido por SonRoxo, contará con entrevistas aos protagonistas veciñais que se implicaron naquela revolta. Tamén se recuperarán imaxes de veciños simbólicamente crucificados na estrada cara a Vigo para manifestar a súa oposición á decisión da Xunta de Galicia. Aquel conflito levou o cambio de goberno nas seguintes eleccións no goberno local.
A produtora do documental busca a colaboración de todas aquelas persoas que queiran participar a través de testemuños, anécdotas ou imaxes daquela época. Os interesados poden contactar cos responsables do documental a través do teléfono 676 842 942.
A rodaxe comezará o domingo no "campo dás festas" na parroquia de Figueirido.