Un toxicómano denuncia que outro o agrediu na Ferrería tras unha pelexa entre os seus cans
Por Natalia Puga
Unha pelexa entre dous cans derivou este xoves na conseguinte liorta entre os seus propietarios na praza da Ferrería. Como resultado desta, un deles resultou ferido e rematou presentado denuncia na Comisaría da Policía Nacional.
Segundo transcendeu, os feitos rexistráronse entorno ás 12.00 horas no ámbito da Ferrería entre dúas persoas das que habitualmente se concentran nos xardíns de Casto San Pedro e os soportais da praza da Estrela.
O que finalmente rematou ferido e denunciando os feitos relata que se encontraba en compañía do seu irmán e o can deste cando se achegou un coñecido co seu propio animal.
Ambos os dous canes empezaron a pelexarse e cando o denunciante recriminou ao dono do outro animal o sucedido, este comezou a insultalo. Finamente, enleáronse nunha pelexa entre eles. Segundo a suposta vítima, o seu opoñente agrediuno dándolle unha patada na perna e un puñazo no lado esquerdo da mandíbula.
Tras a pelexa achegáronse ao lugar dúas patrullas da Policía Nacional e pouco despois, a media tarde, a suposta vítima presentou unha denuncia na Policía Nacional.