Somos xordos e non xordomudos
Por Mónica Patxot
Este mércores 14 de xuño celébrase por terceira vez o Día da Lingua de Signos, non linguaxe senon lingua. Cada rexión ten a súa e non hai unha lingua de signos universal.
A Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra (APXP) organizou unha serie de actos de sensibilización para axudar a mellorar a calidade de vida dos veciños de Pontevedra con perda auditiva.
Outra das cuestións que quixeron aclarar é que son xordos e non xordomudos, un término que lles resulta pexorativo.
É dicir, as persoas xordas falan e o que non poden facer é oír, mais teñen a súa voz. Algúns optan por comunicarse oralmente, outros por usar a lingua de signos e outros manexan ambas sen problemas. Falar, non é pois, un imposible para as persoas xordas, é unha elección baseada na súa capacidade.
Como esta dúbida este mércores resolveron outras moitas nunha xornada pensada para facer máis visible ás persoas con perda auditiva que conviven diariamente na Boa Vila.
Así desenvolveuse unha xornada de portas abertas na Casazul onde se sinalou a importancia do traballo dos intérpretes e as vantaxes que supoñen os sistemas de mensaxería elctrónica coma o WhatsApp
Ademáis o balcón da Casa do Concello loce una pancarta na que se lembra a importancia da lingua de signos coma unha ferramenta fundamental e vehículo da comunicación para as persoas con perda auditiva.
Relacionadas:
-
A Asociación de Persoas Xordas trata de "desmitificar ideas erróneas que aínda perduran"
Por Redacción |
-
VIDEO.- "Xoga coas manciñas" leva a ledicia ao salón de plenos da Deputación
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
'Xoga coas manciñas', o primeiro concurso para visibilizar a lingua de signos entre os escolares
Por Natalia Puga & Miguel Álvarez Fandiño |
-
Moito que dicir no día das persoas con discapacidade
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O himno galego en lingua de signos para conmemorar o Día da Patria Galega
Por Redacción |
-
Trasladar a lingua de signos á sociedade, obxectivo da Asociación de Xordos 'Río Lérez'
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |