Premio á valentía de salvar unha afogada ou a pericia de deter unha rede de 'narcos'
Por Natalia Puga
"Por su iniciativa, ímpetu y valentía"ao saltar ao río Miño, nunha zona con "falta de luz natural, árboles y maleza" e ""después de un enorme esfuerzo físico" lograr rescatar unha moza que saltara á auga e "poner a la víctima a salvo con gran peligro tanto para ella como para él mismo".
O relatorio dos seus méritos fixo que todos os asistentes ao acto de celebración do Día do Piar en Pontevedra cravasen a mirada en Manuel Bugallo Fernández, un axente do Centro de Cooperación Policial Aduanera de Tui-Valença que recibía este ano unha condecoración concedida tan só de forma extraordinaria, a Cruz da Orde do Mérito da Garda Civil con Distintivo Rojo.
O subdelegado do Goberno impúxolle a súa condecoración, unha das 27 concedidas polo Ministerio do Interior este 2012 en Pontevedra, e ao termo do acto un nutrido grupo de asistentes achegouse a el. Todos querían coñecer de primeira man a súa 'heroicidade', pola que sufriu hematomas e rabuños e todo o corpo, así como un principio de hipotermia debido á baixa temperatura da auga.
A súa acción foi o chisme entre os condecorados, pero non menos recoñecemento levouse o sarxento primeiro Raúl Louro Torres, da Unidade Orgánica da Policía Xudicial de Pontevedra, único condecorado coa segunda insignia en relevancia, a Cruz de Prata, pola súa "pericia" á hora de investigar e lograr sacar de circulación a unha rede de cinco narcotraficantes no marco da operación Portozás del Juzgado de Cambados.
A austeridade substituíu o abundante aperitivo doutros anos nun modesto pincho
A presenza de gardas con tales currículos non deixou que os principais contos do acto celebrado na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra fosen dous máis banais. O primeiro, a austeridade que motivou que os abundantes pinchos e viño español de anos anteriores se restrinxisen a un pequeno convite a auga e refrescos no vestíbulo das instalacións.
O segundo protagonizouno o subdelegado do Gobienro, Antonio Coello. Saltouse o protocolo do acto para ter unha deferencia co xeneral xefe da Brilat, José Antonio Alonso, e lle pidio que lle acompañase a pasar revista ás Forzas formadas ao inicio do acto. Os familiares e resto de convidados apenas decatáronse do detalle, pero a acción non pasou desapercidiba a ningún garda civil.
A campaña electoral tampouco logrou escaparse como tema de conversación dun acto que, como xa parece que se volveu habitual, se celebrou baixo un sol inusitado en outubro. Non era para menos, coa presenza no mesmo de candidatos ao Parlamento galego como a actual presidenta da institución, a 'popular' Pikar Rojoo, ou de cargos de PP, PSOE e BNG, como o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, ou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernánz Lores, atento ao acto, pero, sobre todo, ao seu teléfono móbil.