Catro piscinas inchables localizadas na redada do Vao xa teñen dono
Por Natalia Puga
As xestións iniciadas pola Policía Nacional para localizar os propietarios dunha serie de obxectos localizados no poboado de choupanas do Vao tras a última redada antidroga están a dar os seus froitos.
Nas últimas horas o propietario dun establecemento comercial acudiu á Comisaría da Policía Nacional. Relatou que foi vítima dun roubo no seu negocio e recoñeceu como súas catro piscinas inchables localizadas na choupana de tres dos cinco detidos nesta fase da operación Papito (e cuxas imaxes foron divulgadas o día da redada en PontevedraViva).
O propietario das catro piscinas acreditou que eran súas e levóunas. O mesmo aconteceu con dous teléfonos móbiles que non pertencían aos residentes na choupana e dos que os investigadores da Policía Nacional puideron comprobar que tiñan procedencia ilícita e que os seus lexítimos donos denunciaran no seu día a súa substracción.
Fuentes da Policía Nacional indicou que aínda non foron localizados os propietarios de dúas bicicletas e dúas motoserras cuxas imaxes foron difundidas nas últimas horas nos medios de comunicación.