Telmo Martín reforza a seguridade para "evitar que se manche o nome de Sanxenxo"
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, quere "cortar de raíz" os desmáns da movida e o botellón que prexudican a imaxe da vila turística. Durante o próximos tres meses, 24 novos auxiliares de policía local empezarán a prestar servizo no municipio para a campaña de verán.
Este xoves durante a presentación deste reforzo Telmo Martín pediu "aos veteranos que levades Sanxenxo no voso corazón e aos auxiliares, que fagades un esforzo este verán" para "evitar que se manche o nome de Sanxenxo, a súa reputación".
No seu discurso o Telmo Martín insistiu en que "a seguridade é unha prioridade para os concellos turísticos" e para Sanxenxo "é a prioridade número un por iso este alcalde asume por primeira vez as competencias da Policía Local".
O rexedor dixo ser consciente de que no persoal da Policía Local "nos últimos anos sentiron abandonados e non me refiro só aos dous últimos anos" polo que lembrou o seu "compromiso de dotar de medios e corrixir defectos que veñan do pasado" pero a cambio "pedimos implicación".
"Teñan o convencemento de que van ser correspondidos", asegurou Telmo Martín.
Relacionadas:
-
Telmo Martín garante maior seguridade no porto deportivo de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Preocupación entre os empresarios polo "descontrol nocturno" en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Constatan unha redución de incidencias en Sanxenxo durante a Semana Santa
Por Redacción |
-
Os policías locais de Sanxenxo poñerán multas "a toda máquina"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP lamenta a "irresponsabilidade" do tripartito pola súa "pasividade" coa seguridade cidadá
Por Redacción |