Os cociñeiros de Caldelas Tapas asisten a unha master class con Miguel González
Por Redacción
O concurso Caldelas Tapas vivirá durante as noites dos venres do mes de xullo a súa terceira edición e, para preparala, os cociñeiros que participarán tiveron ocasión esta semana de asistir a unha clase maxistral en elaboración de pinchos.
A 'master class' estivo organizada polo Concello de Ponte Caldelas co obxectivo de contribuír á orixinalidade e calidade das elaboracións e correu a cargo do cociñeiro ourensán Miguel González Quintela, que conta cun currículo no que destaca o seu paso polos restaurantes Akelarre, de Pedro Subijana, e Zarautz, de Karlos Arguiñano.
A 'master class' realizouse este mércores nos locais do Forga no polígono de A Reigosa. Miguel González elaborou as súas tapas 'O atún e a primavera' e 'Vieira en costra de millo sobre cogomelos e castañas, iogur líquido picante e folla de figueira crocante' e deu consellos para acadar sabores, texturas, temperaturas e todo tipo de contrastes no prato.
O chef ourensano tamén cociñou no Xaques Maximin de Niza, o Praia Club da Coruña, o Pazo Mendoza de Baiona, A Rexidora de Bentraces, o San Miguel de Ourense e o Sete Torres de Vigo e gañou o concurso de pinchos de Ourense.
O alcalde, Andrés Díaz, estivo presente nos primeiros minutos da actividade e destacou o pulo do Caldelas Tapas, que o ano pasado serviu 6.000 racións, e no que este ano xa confirmaron a súa vontade de participar 16 establecementos, tres máis que o ano pasado.
Relacionadas:
-
Fame de tapas en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Dezaseis locais de hostalería participarán nunha nova edición de Caldelas Tapas
Por Redacción |
-
As festas de Ponte Caldelas, unha medicina contra o aburrimento
Por Redacción |
-
Tapas, pinchos, petiscos e canapés como fórmula anti-paro
Por Redacción |
-
O Caldelas Tapas Quentes comeza con doce establecementos a concurso
Por Redacción |
-
A cervexería Alameda gaña o segundo concurso Caldelas Tapas
Por Redacción |