Bueu será en agosto capital da 'Formula 1 do aire'
Por Redacción
A primeira fin de semana de agosto o Concello de Bueu será escenario da primeira exhibición competición de drons de carreiras, a coñecida como 'Fórmula 1 do aire'. Será nas Lagoas os días 4 e 5 de agosto e competirán un total de 32 pilotos, dos que a metade serán galegos.
O alcalde de Bueu, Félix Juncal; os concelleiros Fidel Castro e Silvia Carballo; os presidente e secretario do AeroDronClub, Antonio Castelo e Manuel Rodríguez; e o presidente de DDC Drones de Carreras, Joan Lesma, presentaron este venres a actividade.
Desde o venres 4 de agosto ás 10.30 horas quedará listo o trazado do circuíto, a dirección da carreira e os boxes, así como a configuración dos drons e entre as 18.00 e as 22.00 horas habería adestramentos libres e cronometrados.
O sábado, 5 de agosto, entre as 10.00 e as 13.00 horas desenvolveranse os adestramentos libres e cronometrados, coa posibilidade de diversas actividades paralelas. De 10.30 a 12.00 horas haberá un obradoiro de iniciación ao voo de drons recreativos e deportivos e de 12.30 a 13.30 horas será o turno dunha mesa redonda moderada polo youtuber Rafa Cruz e coa participación de pilotos onde se debaterá como funciona o mundo das carreiras de drons.
Ese mesmo día entre as 13.30 e as 14.00 horas exhibiranse os voos acrobáticos e freestyle. Pola tarde, entre as 16.00 e as 18.00 horas terán lugar os adestramentos libres e cronometrados e entre as 18.30 e as 19.00 horas, os voos acrobáticos e freestyle.
Ademais, destacan as actividades complementarias como a charla sobre o mundo dos drons impartida por Rafa Cruz ás 18.00 horas, seguida dun encontro no que o youtuber interactuará co público asistente mediante entrevistas e retransmisión en directo dende a súa canle. Para rematar, entre as 19.00 e as 21.00 horas, terán lugar as carreiras de drons, con clasificación, semifinal e final, e posterior entrega de premios.