Bautismo festivaleiro a beiras do Lérez para os máis pequenos de cada casa
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
O Surfing The Lérez está a converterse no primeiro festival na vida para moitos pontevedreses. Un bautismo festivalero a beiras do Lérez para os máis pequenos de cada casa.
A organización sábeo ben e por iso prepara este evento como unha cita familiar onde todos se atopen a gusto. Quizais esa sexa a clave do éxito deste laureado festival.
O certo é que este sábado volveu atraer ata a Illa do Covo a unha multitude de afeccionados á música cunha destacada presenza de nenos que acudiron acompañados dos seus pais.
Os menores tamén foron protagonistas encima do escenario coa escola de artes Estudo Bonobo, Os Superpeques, o grupo 5 Tolos, xunto ás bandas xuvenís Mushu e Furious Monkey House.
Ademais deles, sobre os dous escenarios actuaron 14 grupos que supoñen o gran atractivo do festival. Monrovia, Glitter & Litter, Dois, Os Amigos dos Músicos e Lucy and the rats, na sesión matinal, pola tarde foi a quenda de The Soul Jacket, Diola, Bala, Los Vinagres, Los Deltonos, Paxaro, Los Tiki Phantoms, Malandrómeda e pecharon Los Bengala.
Pero a singularidade do Surfing inclúe distintas actividades lúdicas como talleres, teatro, fotografía e unha gran área de xogos infantís, ata unha capela de vodas houbo este ano. Tampouco faltou o compromiso solidario con RedeAxuda que tiña como obxectivo recadar 6.000 litros de leite para entregar ás familias sen recursos.
Nunha xornada moi calorosa foron moitos os que non se conformaron con tirarse á sombra e deron o salto á outra beira para darse un chapuzón na praia fluvial.
Relacionadas:
-
Ángel Stanich, Terbutalina e La casa de los ingleses estarán no Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño |
-
Prepara a túa axenda: xa hai horarios para os concertos de Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño |
-
O festival Surfing The Lérez medra prestando atención especial aos máis cativos
Por Anxo Lourido |
-
O Surfing the Lérez retorna á Casa das Campás para unir música e cine
Por Redacción |
-
RADIO.- Unha aldea tiki instálase na romaría do rock and roll
Por Marisa Ciordia |
-
Surfing The Lérez triunfa nos Premios Galegos da Música como mellor festival
Por Alejandro Espiño |