A Deputación só financiará a teleasistencia en municipios de menos de 20.000 habitantes
Por Redacción
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, adiantaba a finais de 2012 que a institución provincial continuaría financiando a teleasistencia domiciliaria logo da "espantada" do Imserso, que deixou de pagala en 2013. Este venres a Xunta de Goberno do organismo que dirixe acordou a fórmula para facelo. Aprobou sacalo a concurso, pero tan só pagará o 34% do servizo nos municipios de mnos de 20.000 habitates.
Louzán deu conta dos asuntos abordados na Xunta de Goberno e indicou que a licitación do servizo se fará por un importe de 160.000 euros. O calculo do orzamento realizouse en función do número de usuarios que tiña a teleasistencia domiciliaria a finais de 2012, 1.143 en toda a provincia e uns 600 nos municipios de menos de 20.000 habitantes.
Segundo indicou, a Deputación pagará con estes fondos o 34% do custo do servizo, sendo asumido o 66% restante polos concellos e os usuarios residentes en cada un deles.
"Coa particularidade que, nalgún caso, algún concello asumirá o importe total dos seus usuarios", indican dende a institución. Ao respecto, Louzán aclarou que o baremo para decidir que cidadáns non pagarán porano os asistentes sociais de cada municipio.