Dezaseis locais de hostalería participarán nunha nova edición de Caldelas Tapas
Por Redacción
Un total de dezaseis establecementos, tres máis que o ano pasado, participan na terceira edición do Caldelas Tapas, que segue a crecer tras o éxito das 6.000 racións servidas na vez anterior. Terá lugar na vila nas noites de venres do próximo mes de xullo.
Cada un dos concursantes xa presentou a súa elaboración diante do xurado profesional e fixo unha exposición sobre as técnicas e produtos utilizados. O acto celebrouse na Casa do Pobo de Cuñas, onde foron xulgados polos chefs Pepe Solla, Rubén González e Sergio Orge.
O fallo do xurado, unha vez valoradas todas as tapas, quedou depositado nun sobre lacrado que será aberto a principios de agosto nun acto público.
O xurado valorou especialmente a calidade das propostas gastronómicas dos concursantes e salientou tamén a abundancia das tapas, que se venderán ao prezo de 2,50 euros con bebida básica incluída.
O Concello elaborará nos próximos días un folleto informativo con foto e nome de todas as tapas, que servirá como guía para o público.
Os participantes deste ano son O Recanto (Sorpresa de cortello), Tapería Klimbim (Vaca do Verao), Pastelería Acuña (Dolce Salatto), Pastelería Pecas (Bocado de Verano), Cervexaría Alameda (Delicias de Solomillo), Verdugolandia (Bocado Sorpresa), Café Fidel (Fidel Tacos), Restaurante 501 (Mouse de pimiento amarillo con pulpo), Bar Puente (Tosta de atún), Bar Bora Río (Degustación de carne do Suído), La Cucharita (Codillo Cucharita), Tapería Alalá (Nidos de mar), Asador del Chavo (Brocheta de solomillo al aroma de vermut con puré de patata violeta) e Albergue Jamarte (Montadito de guiso de ternera al Mencía).
A eles hai que sumar ao Bar Parada e a Cafetería Aries.
Relacionadas:
-
O Concello de Ponte Caldelas estima en 25.000 euros os beneficios do concurso de tapas
Por Redacción |
-
Volven as noites de venres do Caldelas Tapas
Por Redacción |
-
Fame de tapas en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Os cociñeiros de Caldelas Tapas asisten a unha master class con Miguel González
Por Redacción |
-
As festas de Ponte Caldelas, unha medicina contra o aburrimento
Por Redacción |
-
Tapas, pinchos, petiscos e canapés como fórmula anti-paro
Por Redacción |