A Semana Santa empeza con folga de alimentación ao romper todos os intentos de negociación
Por Natalia Puga
A Semana Santa 2013 comeza este luns 25 de marzo con folga en establecementos do sector da alimentación de toda a provincia. Despois de varias reunións de mediación frustadas entre a patronal e os sindicatos, na madrugada do sábado ao domingo déronse por rotas todas as negociacións e na mañá deste domingo unha asemblea de traballadores reunida no edificio sindical da rúa Pasantería confirmou a continuidade da convocatoria de cinco días de paro e a determinación dos traballadores de pechar todos os negocios suxeitos a este convenio.
Fontes sindicais indicaron que o último intento de negociación para frear a folga durou preto de 16 horas, entre as 10.00 hora da mañá do sábado e pasadas as 1.30 horas da madrugda deste domingo. Consisitió nunha reunión de mediación que a patronal solicitara ao xefe provincial da Inspección de Traballo, José María Casas de Ron, pero que se pechou sen acordos.
Xa de madrugada o punto de entendemento estaba afastado, de modo que patronal e sindicatos deixaron as súas respectivas promesas enriba da mesa á espera da cal unha ou outra parte ceda e convoque unha nova reunión. Os representantes sindicais recolleron todas as propostas das empresas e o as trasmitieron aos traballadores nunha asemblea que encheu o salón de actos do edificio sindical.
Recibiron o respaldo de todos os asistentes na súa postura e deseñáronse xa os primeiros piquetes que se conformarán a primeira hora deste luns para evitar que os supermercados afectados polo convenio colectivo que se está a negociar non abran as súas portas en toda a semana. Iso si, están dispostos a acudir a unha nova reunión de mediación cando a patronal os chame e non descartan que se produza xa ao longo da xornada deste luns, a primeira da folga.
"Os traballadores está convencidos de non ceder máis e apoiarán todas as protestas", indicaron as fontes sindicais consultadas. O último intento de mediación produciuse o pasado 20 de marzo e rompeu ao tratar o tema do período de lactación que se debía recoller no convenio colectivo. Na reunión maratoniana deste sábado e domingo as posturas seguen moi distanciadas, centrándose o principal desencontro nunha suba salarial de 10 euros e no recoñecemento da antigüidade da plantilla.
"Por dez euros non entedemos que non queiran chegar a un acordo", sinalan os traballadores, "nós non facemos folga por facer, para a maioría supón un esforzo que non se poden permitir perder o soldo dos cinco días da folga, pero non imos ceder".
A folga afecta aos pequenos establecementos de alimentación e aos grupos Froiz, Gadis, Lidl, Hiperxel ou Moldes e está convocada para os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo, de luns a sábado.
Relacionadas:
-
Piquete nocturno para abrir cinco días de folga: "Non ves que estamos a defender os dereitos dos teus fillos?"
Por Natalia Puga |
-
Nova chamada da patronal para buscar un acordo de última hora que evite a folga da alimentación
Por Anxo Lourido |
-
Rómpese a mediación e en Semana Santa haberá folga no sector da alimentación
Por Anxo Lourido |