Nace unha plataforma veciñal para reivindicar que "o rural existe"
Por Redacción
Unha nova plataforma veciñal súmase ao tecido asociativo de Pontevedra. Baixo o nome O Rural Existe, xúntanse un grupo de veciños das parroquias do municipio que pretenden acadar "melloras sensibles" para as súas respectivas zonas, segundo sinalan nun comunicado.
Tras unha xuntanza mantida en Verducido, a plataforma estableceu xa as principais liñas de traballo para os próximos meses, en base ás que irán desenvolvendo diferentes actividades reivindicativas.
Así, a plataforma O Rural Existe esixirá á Deputación e ao Concello de Pontevedra a retirada "total ou parcial "dos lombos instalados nas estradas das parroquias, ao entender que se instalaron "de forma masificada e sen ningún tipo de consenso cos veciños".
Ademais, pedirán a reforma integral daquelas estradas que precisan de asfaltado, ensanchado, construción de beiravías e beirarrúas onde sexa posible, sinalización vertical e horizontal e sen descartar a instalación de medidas alternativas de calmado do tráfico "menos intrusivas e máis económicas", onde sexa estritamente necesario e sempre de forma consensuada cos veciños.
Nesta mesma liña, os integrantes da plataforma reivindican que as institucións non sigan executando obras sen consenso "e sen que se atendan as necesidades reais dos habitantes do rural".
A plataforma demanda o máximo apoio e inversión pública, en igualdade co núcleo urbano, dotando todos os veciños dos servizos básicos e de reformas que melloren a súa calidade de vida como a rede de saneamento, a mellora do sistema de recollida de lixo, o transporte público, o asfaltado de acceso a casas, así como o roza e limpeza das cunetas.
"Como veciños do rural de Pontevedra coñecemos sobradamente as necesidades das nosas parroquias e a súa traxectoria nas últimas décadas, e que salvo puntuais excepcións, non recibiron a atención necesaria por parte das autoridades e se atopan nunha situación de abandono", aseguran desde esta plataforma.
Relacionadas:
-
Malestar en Verducido polas obras que o Concello acomete en terreos da comunidade de montes
Por Redacción |
-
'O Rural Existe' considera a instalación masiva de lombos como "un insulto á xente do rural"
Por Natalia Puga |
-
O goberno local arquiva a nova ordenanza de lombos do PP
Por Oskar Viéitez |
-
A Plataforma "O Rural Existe" reclama menos lombos
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- O Pleno da Deputación recolle as protestas dos veciños do rural contrarios á instalación masiva de lombos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Lores nega abandono no rural: "Gastamos de media cinco veces máis por habitante que na cidade"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Manifestación o sábado contra a instalación "masificada e innecesaria" de 'lombos' no rural
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Verducido, "zona 80" por uns días
Por Alejandro Espiño |
-
Mosquera: "Non nos gustaría que por motivos estritamente políticos ou politizados os que facían carreiras alí sexan os que estean detrás"
Por Oskar Viéitez |
-
Verducido e Santa María de Xeve rebélanse contra os lombos indiscriminados
Por Redacción |