Máis dun millón de euros investiranse nas próximas actuacións urbanas en Marín
Por Oskar Viéitez
Nas próximas semanas iniciaranse e contrataranse no Concello de Marín varias actuacións urbanas que xa están preparadas para levalas a cabo e que no seu conxunto suman máis dun millón de euros en investimentos, financiados pola Deputacion, a Xunta e o Concello.
Son a pavimentación da rúa Recamán, a humanización da rúa Concepción Arenal no tramo de Jaime Janer a Roda, a humanización da travesía de Jaime Janer, a finalización de Ponte Zapal e a humanización da rúa José del Río.
Algunhas destas actuacións xa están adxudicadas, outras están próximas a adxudicarse, outras en marcha e outras no inicio da contratación.
Todas teñen en común que levan o cambio dos servizos e redes públicas, que conectan moitas vivendas.
Desde o goberno local de Marín destacan que as recentes reformas no casco antigo e nas rúas máis céntricas "melloran considerablemente a calidade urbana dos que viven e frecuentan estas contornas".
Estas cinco actuacións serán executadas neste último semestre do ano, dentro do ano 2017.
Relacionadas:
-
A Deputación aproba o acordo para as obras da rúa José del Río
Por Redacción |
-
A Deputación aprobará este venres convenios por máis de 5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
As obras da Ponte Zapal estarán rematadas antes de outubro
Por Redacción |
-
As obras de rehabilitación da rúa Recamán, a punto de rematar
Por Redacción |
-
Comezan as obras de humanización da travesía Jaime Janer
Por Oskar Viéitez |
-
Marín presenta a súa oferta de emprego público para este ano
Por Oskar Viéitez |
-
Marín espera a autorización de Patrimonio para actuar sobre o camiño de acceso a Santa María do Campo
Por Oskar Viéitez |
-
Marín pecha un orzamento de 13 millóns de euros para 2017
Por Redacción |