O PSOE apela a Ana Pastor para que desbloquee co seu voto o debate da transferencia da AP-9 no Congreso
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O veto do Goberno a que se debata no Congreso dos Deputados a Proposición de Lei aprobada polo Parlamento galego para a transferencia da autoestrada do AP-9 deu lugar este venres a un aluvión de reaccións políticas por parte dos grupos da oposición. De visita en Pontevedra con motivo dunha reunión co empresariado local, o portavoz do grupo socialista no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, cualificou a postura do Executivo do PP de "inaceptable" e "inadmisible".
Nun encontro coa prensa apoiado pola agrupación local do PSOE, Leiceaga apelou á presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, para que axude a desbloquear ese veto a través da Mesa do Congreso, na que os representantes socialistas (2) e de Podemos (2) van votar a favor do debate, pero necesitan cinco apoios. Ese voto que lles falta podería ser o de Ana Pastor.
Leiceaga recorda que é deputada pola provincia de Pontevedra e que o PP apoiou a proposta no Parlamento de Galicia, de modo que ve tales circunstancias como motivo suficiente para xustificar o seu voto. Se a Mesa do Congreso apoio seguir co debate, o veto do Goberno perde efecto e podrá chegar o asunto ao hemiciclo, de modo que o ideal sería que todo o seu partido apoiara a proposición, pero, dentro do malo, "só co seu voto sería suficiente para desbloquear a tramitación desta norma".
O PP xa vetou no pasado esta proposición alegando que non se podía aprobar porque afectaba aos orzamentos, pero esta vez o texto que se aprobou por unanimidade no Parlamento de Galicia xa está modificado para garantir que isto non suceda, de modo que Leiceaga non ve motivos para o veto.
Ademais de pedir o apoio de Ana Pastor, o voceiro dos socialistas fan un chamamento ao presidente da Xunta e do PP, Alberto Núñez Feijóo, para que "deixe de tomarlle o pelo aos cidadás de Galicia e aos deputados do Parlamento de Galicia".
Na súa opinión, se Feijóo quere manter "algunha credibilidade" en relación con este asunto, debe conseguir que os votos do PP na Mesa do Congreso faciliten a tramitación desta iniciativa. "Esa é a única maneira en que pode demostrar que el non está detrás desta burda manobra de votar a favor da transferencia en Galicia e vetala en Madrid", considera. A postura do PP ao cambiar o seu voto en Madrid é, a seu xuízo, "burda, torticera y desleal" co Parlamento galego e cos cidadáns.
Relacionadas:
-
Marea levará ao pleno da Deputación a petición de transferencia da AP-9
Por Redacción |
-
O BNG cre que o ministro de Fomento "está comprando todos os boletos para que o declaremos persoa non grata"
Por Redacción |
-
O BNG recorrerá ante o Tribunal Constitucional o veto do PP ao traspaso da AP-9
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O BNG colapsa as cabinas de peaxe entre Pontevedra e Vigo contra "a navallada" da AP-9
Por Redacción |
-
O BNG esixe en Pontevedra unha AP-9 galega e sen peaxes
Por Redacción |
-
Pontevedra reclama de forma unánime a transferencia da AP-9 a Galicia
Por Alejandro Espiño |