Presencia "tranquila" dos piquetes da alimentación nas rúas
Por Oskar Viéitez
As instruccións que lles deron na Asemblea foron claras e precisas. Básicamente resúmense en dous conceptos: "tranquilidade e sentidiño". Isto é que aínda está moi presente a mala experiencia da folga do ano 2009 pola que tres sindicalistas, dous de CIG e un de Comisións Obreiras, a piques estiveron de ir tres anos a prisión.
De modo que "para facer as cousas ben" o piquete de Pontevedra, conformado por uns douscentos traballadores, funcionou dun xeito organizado.
Os seus integrantes ían vestidos cunha camisola identificativa. Por diante do grupo, a modo de avanzadiña varias persoas entraban nos establecementos que permanecían abertos intentando explicar "sempre desde o convencimiento e a voluntariedade" os motivos da folga.
"O labor dun piquete é informar e intentar convencer, O piquete debe ser informativo, non coactivo", insistían.
A mañá transcorreu tranquila. De feito, non foi ata pasadas as dez que se incorporaron tres patrullas da Policía Nacional, que non necesitaron intervir en ningún momento.
Si que houbo petardos, bocinas, chifres e consignas pero é que "tampouco somos monxas", chanceaban.
Por certo que entre as anécdotas da xornada un "piquete" irrumpiu no perfil de Magín Froiz da Wikipedia modificando os seus datos.