O Concello asegura que o consello parroquial de Mourente respalda os novos lombos
Por Redacción
O Concello de Pontevedra responde ás críticas continuadas realizadas pola plataforma veciñal O Rural Existe ante a instalación de 'lombos' nas parroquias pontevedresas asegurando que, en realidad, os proxectos municipais contan con respaldo veciñal. A súa última reacción é sacar á luz o resultado dunha reunión mantida a semana pasada en Mourente, na que o consello parroquial respalda o plan integral de calmado de tráfico previsto para a parroquia.
No consello estiveron todas as entidades e asociacións da parroquia. O concelleiro de parroquia, Alberto Oubiña, convocouno para informar do estado de execución dos proxectos priorizados por este órgano de participación e, ao remate do encontro, sinalou a "especial acollida" que recibiu o plan de calmado de tráfico que se porá en marcha unha vez que remate a fase de contratación.
O calmado integral de tráfico na parroquia implica a instalación duns 50 lombos redutores de velocidade nos lugares solicitados polos veciños das distintas zonas e ratificados polo Consello parroquial. Deseñáronse seguindo os criterios técnicos do Concello co propósito de crear accesos seguros para peóns e ciclistas dende Eirós ata Valdecorvos.
Entre os proxectos que se abordaron no consello parroquial figural a Casa da Cultura dos Campos, que está en fase de contratación e a mellora da rúa do Costado, aínda en carteira. Dentro das obras xa realizadas están a remodelación da rúa dos Campos e a mellora da vía do Monte ata Cons. Ademais, está practicamente rematado o saneamento de Casas Novas, O Pazo, Leirado e Eirós, elaborado con fondos do Concello en colaboración coa Deputación.
Relacionadas:
-
A rúa do Costado, lista en novembro
Por Redacción |
-
'O Rural Existe' considera a instalación masiva de lombos como "un insulto á xente do rural"
Por Natalia Puga |
-
Adxudican por 84.000 euros a obra que levará o abastecemento de auga ao núcleo dos Areás, en Mourente
Por Redacción |
-
Castelao defende os lombos no rural e reclama que se coloquen por criterios técnicos
Por Redacción |
-
Manifestación o sábado contra a instalación "masificada e innecesaria" de 'lombos' no rural
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Mourente, tras os pasos de Salcedo: o seu plan integral de tráfico contará con 50 lombos
Por Alejandro Espiño |
-
Salcedo terá 43 lombos máis para calmar o tráfico na parroquia
Por Alejandro Espiño |