As choivas deixan 64 litros por metro cadrado en Poio e Cotobade
Por Oskar Viéitez
As intensas choivas rexistradas no que vai de xornada, e que comezaron a remitir, deixaron 81 litros por metro cadrado en Fornelos de Montes, ata as 17.15 horas, e 64 nos municipios de Poio e Cotobade.
No municipio de Pontevedra, segundo a estación meteorolóxica de Lourizán acumuláronse 47 litros por metro cadrado, ata as 17.15 horas.
Segundo os datos facilitados por Meteogalicia a través da súa páxina web, o Sur da provincia de Pontevedra e a de Ourense están este luns en alerta amarela por precipitacións.
Ata esa mesma hora rexistráronse 61 litros en Ponte Caldelas o que provocou unha forte enchente do río Verdugo ao seu paso polo centro da vila, que asolagou parte do paseo.
Meteogalicia precisou que os valores rexistrados incrementaranse algo máis, pero pouco, xa que as choivas van remitindo no que resta de xornada.