En Vilagarcía, o seguimento da folga da alimentación foi desigual
Por Aitana Vidal
Máis de 4 mil traballadores da alimentación estaban chamados á folga nos supermercados e tendas de abastecemento na comarca do Salnés. Pero, pola contra, en Vilagarcía o seguemento foi desigual durante a primeira xornada de folga e a penas notouse o impacto da convocatoria.
Os supermercados Froiz pecharon as súas portas durante algunhas horas e os pertencentes á cadea Gadis estiveron abertos durante toda a xornada, agás cando se comprobaba a presenza de piquetes preto dos establecementos.
Non se rexistraron incidentes de gravidade durante a xornada na zona de Arousa.