A Xunta porá en marcha unha campaña de loita contra o plumacho da Pampa e a unlla de gato
Por Oskar Viéitez
A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana Díaz, anunciou este mércores que a Xunta de Galicia porá marcha unha campaña para a erradicación das especies exóticas invasoras, nunha actuación cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) que ten un orzamento que ascende aos 90.000 euros.
A campaña comezará o vindeiro mes de agosto e pretende eliminar as plantas coloquialmente coñecidas como plumacho da Pampa e unlla de gato, en diferentes espazos naturais situados na contorna das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo.
A directora xeral explicou que esta acción "ten por finalidade a contención destas especies fóra dos espazos naturais costeiros para evitar a degradación de hábitats e favorecer a conservación da flora ameazada".
As principais zonas de actuación serán, dentro da provincia de Pontevedra, o Complexo Ons-O Grove, a Praia Major, en Sanxenxo; en Cabo Udra e Costa da Vela.
Relacionadas:
-
Guerra contra as especies exóticas invasoras en Baltar
Por Redacción |
-
A invasora herba da Pampa espállase polos terreos arredor da avenida 12 de novembro
Por Redacción |
-
O PSOE insta ao Concello a tomar medidas contra a "herba da Pampa"
Por Redacción |
-
Vaipolorío comeza a guerra contra os "Plumachos" invasores
Por Redacción |
-
Comezan os traballos para retirar a flora invasora na Xunqueira de Alba
Por Redacción |
-
Erradicando a herba ruín que chegou pola autoestrada
Por Oskar Viéitez |