Localizan unha vertedura de cascallo no ENIL dos Gafos
Por Redacción
A asociación Vaipolorío puxo en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil unha vertedura de cascallo.
En concreto foi localizado na vía de servición do tren de alta velocidade no tramo que discorre paralelo ao río Gafos, ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Tomeza.
Desde Vaipolorío destacaron que esta vertedura atópase dentro do Espazo Natural de Interese Local (ENIL).
Ademais sinalaron que algúns dos elementos depositados ten "certo valor etnográfico".