Un rapaz merca por internet cunha tarxeta roubada e detéñeno o Día do Pai
Por Oskar Viéitez
Un menor de idade, veciño de Pontevedra e con antecedentes policiais, foi detido pola Policía Nacional como presunto autor dun delito de roubo con forza e posterior estafa, usando fraudulentamente unha tarxeta.
A investigación remóntanse ao pasado día 25 de outubro cando unha veciña de Pontevedra, daba conta en comisaría do roubo no interior do seu vehículo.
Segundo consta na denuncia, tras romperlle a fiestra do coche, substraéronlle do seu interior unha carteira na que portaba documentación persoal, dúas tarxetas de débito de dúas entidades bancarias, trinta euros, ademais doutros efectos que a denunciante tiña no interior do vehículo.
A prexudicada denunciaba a utilización fraudulenta da súa tarxeta que fora utilizada para efectuar un pago a través de Internet por un importe de 537 euros, cargo fraudulento consistente na compra de tres terminales telefónicos por Internet.
A raíz da denuncia os axentes iniciaron as xestións pertinentes para tratar de pescudar todos os datos posibles sobre as compras efectuadas coa tarxeta subtraída nunha coñecida web de artigos electrónicos. O portal de vendas afirmaba que os paquetes foran entregados con éxito.
Procederon á súa identificación e detención o día do pai
Tras diversas xestións os axentes localizaron o domicilio e a identidade do menor que recibira os paquetes, polo que tras ser localizado procederon á súa identificación e detención o día do pai, o 19 de marzo ás 19.20 horas da tarde.
Unha vez finalizadas a declaración o menor foi entregado ao seu progenitor non sen antes ser informado da obrigación de comparecer ante a Fiscalía de Menores cando para iso fose requirido.