Suspendida a procesión do Nazareno pola choiva
Por Redacción
A choiva marcou a xornada do Martes Santo obrigando a suspender a procesión de Jesús Nazareno e María Santísima de la Esperanza.
Estaba previsto que partise desde a rúa Sarmiento, trala misa das 20.00 horas en San Bartolomé. Con todo a Xunta Coordinadora da Semana Santa pontevedresa decidiu suspender a procesión.
Segundo informou Ramón Peón, voceiro da Xunta Coordinadora, as cofradías celebrarán un viacrucis no interior da igrexa de San Bartolomé onde os pasos procesionais atópanse dispostos desde o pasado luns.
As imaxes, acompañadas pola Cofradía de Nuestro Padre Jesús del Silencio e da Cofradía del Mayor Dolor, ademais de fieis, tiñan previsto percorrer as rúas Sarmiento, Real, Praza de Curros Enríquez, Soportais, Praza da Ferrería, Pasantería, Sarmiento e San Bartolomé.
Os traballos de reforma do Paseo de Odriozola provocaban que este ano as imaxes tivesen que atravesar a Praza da Ferrería.